COÑECE GALICIA

Deseguido presentamos ligazóns a páxinas significativas sobre o máis salientable de cada comarca amáis dalgunhas suxestións que, poco a pouco iremos aportando de recunchos menos coñecidos. Non son exactamente as rutas deseñadas por nós para os integrantes das excursións que organizamos, pero entendemos que revisten especial interese para coñecer o máis significativo de cada unha das provincias galegas. Se queres colaborar con algunha ruta, entorno, etc. podes enviárnola coa súa descripción e/ou fotos e plano, ó correo de Via Auria e publicarémola nesta sección.

Pica en cada provincia

Sinais de identidade

Institucións

LINGUA E LITERATURA

AUDIOVISUAL GALEGO

Denominacións de Orixe

Viños e bebidas espiritosas

Queixos

Carnes

Outros

 

Razas autóctonas galegas

Máis

 

 

 

 

OUTRAS SUXESTIÓNS

 

O escudo

A necesidade de utilizar unha figura que representase a Galicia provocou a aparición do símbolo eucarístico no escudo por medio dun copón cuberto durante o século XV, do cáliz cunha hostia encima no XVI e pola custodia a partir do XVII. Esta figura aparece por un antiquísimo privilexio existente na catedral lucense consistente na exposición constante do Santísimo Sacramento ós seus fieles.

No Renacimento, o copón perdeu o seu carácter expresivo e, para insistir na súa mensaxe, fíxose patente o pan eucarístico e cambiouse o copón polo cáliz.

A aparición das cruces no escudo de Galicia vén de moi atrás e xurde das preocupacións por encher o espacio baleiro. Elixíronse as cruces fundamentalmente por motivos relixiosos, sendo as primeiras recrucetadas. Foron seis durante todo o século XVII, pero a que remataba a custodia rematou por facerse independente e as sete cruces resultantes foron identificadas coas cabezas do antigo Reino de Galicia. Actualmente caracterízanse pola súa sinxeleza.

A cor do campo do escudo será azul dende o século XV e actualidade as cruces póñense, con preferencia, de plata. O cáliz aparece en ouro fundido á hostia de plata. Entre os ornamentos exteriores, merece espepcial atención a coroa e a cruz de Santiago. Non apareceu ata o XVII porque o seu uso estaba reservado exclusivamente ós cabaleiros da orden. Hoxe en día só se mantén a coroa.

Foi en 1972 cando a Real Academia Galega adoptou en sesión plenaria o modelo definitivo deste símbolo que hoxe é considerado oficial.

A bandeira

A partir do XVII a bandeira galega comeza a aparecer nas publicacións imitando ó escudo: branca, co copón amarelo no centro, rodeado de seis cruces recortadas.

     Non hai testemuños que proben a existencia da actual bandeira con anterioridade ó noso século. A actual bandeira branca con banda azul provén da que tiña a Comandancia da Mariña da Coruña. Primeiro sería adoptada polos emigrantes e máis tarde asumida pola Galicia peninsular.

     Con tres módulos de longo por dous de ancho é confeccionada normalmente a bandeira galega. O matiz de azul da banda é xeralmente dun azul celeste subido ou cobalto claro. Esta sería a bandeira nacional civil. A chamada do Estado, que é a que debe figurar nos actos oficiais, constaría ademais do escudo nacional no centro.

O himno galego

¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

[Os pinos, Eduardo Pondal, coa partitura de Pascual Veiga]

Fonte:Xunta de Galicia

 

 

 

 

 

 

Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria