Mosteiro de Santa Comba de Naves, no concello de Ourense

O seu coto xurisdiccional coñécese polos apeos de 1562 e 1564. Comprendía os coutos de Vilar das Tres, Untes, Palmés nos que o mosteiro puña xuiz, merino e escribano, administraba xustiza e tiña o señorío.

(premer en cada foto para ampliar)

De difícil datación, sabemos que era benedictino e probablemente fundado por Alfonso III no ano 888: Obtinuit autem abbas et fatres Sanctae Columbae de Nabibus ipsam ecclesiam Sanctae Mariae in Laureto in vita domini nostri Adaefonsi, Ordonii rexis Magni filius, biginti duobus aniis et confirmabit filius eius Ordonius rex, era 952.

O edificio amosa sobre a porta principal o escudo do mosteiro: cruz trebolada, compás e un círculo suxiren a súa dependencia do de Celanova.

Todo o conxunto denota aspecto de fortaleza, como era preciso para paliar os perigos da época: ménsulas das balconadas, rebaixes na pedra para poñer unha tranca de lado a lado da porta principal, "mirilla" sobre esa porta...

Constaba de pranta baixa, piso inferior e superior e tamén posúe unha capela exenta de época moderna e un pombal. Albergou a 12 monxes. Estaba rexido por prior e non por abade e, ademáis contaba con subprior, cillereiro, sacristán, vestiario, enfermeiro, cociñeiro e notario, cargos que non eran vitalicios agás o de prior.

Tanto na pranta baixa como no piso inferior situaríanse adegas e almacéns. No piso superior hai dous tramos diferenciados por un corredor de acceso á esquerda a cuartos comúns e no dereito hai dúas estancias diferenciadas separadas por un novo corredor que remata nunha especie de balconada reforzada.

Onde vemos a chimenea estaría a cociña e o refectorio.

No sótano observamos tamén restos dun lagar para facer viño e dunha prensa.

O mosteiro de Santa Comba de Naves enfrontouse no século XV á reforma bieita levada a cabo por Fr. Rodrigo de Valencia, prior de S. Benito de Valladolid. O 8 de marzo de 1499 subíu a Sta. Comba acompañado polo escudeiro Diego Velón, merino do mosteiro de Samos, o arcediano da Raíña, bacheler Martín de Rianxo, e Fr Diego de Plaza, presidente de Celanova.

O 26 de abril de 1499 o prior de Valladolid uníu e incorporóu os mosteiros de S. Pedro de Rocas e Santa Comba de Naves ó mosteiro de Celanova, pero en o 23 de xullo xa cambiara de opinión e asóciase a San Paio de Antealtares, Rocas e Naves. Celanova recurre a Valladolid e a anexión non prospera. A definitiva bula de anexión é obra de León X en Roma o 19 de marzo de 1513, a petición do abade de Celanova o pontífice declara válida e confirma a anexión feita polo seu predecesor Xulio II. Desde entón, Santa Comba é un priorato administrativo de Celanova.

Reconstruído en 1760 funcionou até o 1836, en época moderna con tres ou catro monxes.

O estado actual é absolutamente lamentable, como podemos observar.

Temas relacionados: A CONCHADA | O Camiño Real

 

Asociación Cultural Via Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU)