Criticamos:
|
|
Devesa de Rogueira . Carne de incendio. ¿Por que se está a facer repoboación forestal con ¡¡piñeiros!!! perigosamente cerca da Devesa de Rogueira (O Courel-Lugo)?. Parece mentira que unha paraxe tan fermosa, tan chea de vida se poña en perigo deste xeito. ¿Non escarmentamos de tanto incendio?. ¿De verdade amamos Galicia?. Coñece a Devesa de Rogueira >>
|
![]() |
Mosteiro de Santa Comba de Naves. A pantasma moribunda. Priorato de fundación eremítica do século IX e que, posteriormente se anexionou ó Mosteiro de Celanova. Situado nunha paraxe á que se pode chegar, dende o Camiño Real que subía unindo as Tabernas da Conchada e do Cachón, por fermosas corredoiras de orixe medieval rodeadas de vexetación autóctona e cunhas impresionantes vistas do Miño atravesando a cidade de Ourense. Arrepía contemplar o estado de abandono en que se vai sumindo esta peza arquitectónica, descoñecido, mesmo para moitos veciños de Ourense que poderían chegar aqui dando un agradable paseo dende a cidade. Coñece o entorno deste Mosteiro >>
|
|
Mosteiro de San Pedro de Ansemil. Eclecticismo. Esta antiga igrexa mosteiral, hoxe parroquial, está formada por dúas capelas, unha románica e outra gótica que integran elementos de ambos estilos arquitectónicos e escultóricos. Obsérvese na foto o "atinado" claustro-refectorio renovado na súa parte traseira.
|
|
Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Via Auria