| O Básico | |
| A natureza pode meternos en serios apuros. Neses intres, a vontade de sobrevivir , a capacidade de controlar o medo e uns sinxelos recursos pódennos devolver á casa, sans e salvos. | ![]() |
Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais |
|
| O primeiro é un axuste sicolóxico. Non esquezas que o medo é algo natural e é moi útil para manternos alerta. Pero se non controlas o medo e te vence, podes cometer torpezas que poden chegar a ser lamentables. Entón prepárate para asumir a situación e non imaxines cousas irreais e terribles, máis ben, adica as túas forzas a pensar que a natureza non actuará na túa contra nin no teu favor, senón que de ti depende como acabe esta experiencia. Os ruidos nocturnos son algo normal e non están alí para asustarte, senon que forman parte da natureza e do ciclo de moitas especies desta terra que, en realidade non lles interesa a túa presencia e que só continúan co seu ciclo de vida habitual. En xeral, os animais non atacan ó home, máis bem, evítano. Os animais velenosos actúan só se se vem ameazados ou molestados. Suxestións As seguintes accións mellorarán a nosa situación e manteñerán a nosa mente ocupada alonxando os sentimentos destrutivos. 1.- Análise da situación: Débese analizar a situación para organizar un plan. ¿Hai feridos?. ¿Amenázame algún perigo?. ¿Teño auga e alimentos?. ¿Podo obtelos polos arredores?. Á hora de trazar un plan hai que establecer prioridades. Hai que ter en conta os perigos do entorno e cómo evitalos. En ocasións, dependendo de cada situación concreta, haberá que alterar a orde das prioridades ou substituir unhas por outras. Por exemplo: · Prestar primeiros auxilios · Preparar sinais · Abastecerse de auga · Preparar un refuxio · Abastecerse de comida · Prepararse para desplazarse (normalmente é mellor quedarse xunto ó vehículo accidentado). Aforrar enerxías é importante e utilizalas de boa maneira. Lembra que te estarán buscando, pero que é probable que pasen días antes de que te atopen, por iso debes evitar a fatiga desmedida xa que provoca unha situación de desamparo que mina a nosa moral. Plan e obxectivo deberán ser precisos. A toma de decisións Hai que tomarse un tempo en analizar os rasgos da paisaxe e facer un mapa mental do lugar. Debemos marcar o camiño para poder voltar sobre os nosos pasos e non perdernos. Comunica con claridade cara onde irás e o día que o farás. Procura ir deixando sinais cada certo tramo xa que así evitarás dar voltas en círculos por horas e axudarás a ser atopado polos que vexan os sinais. A soidade Cando vai pasando o tempo, e o rescate se dilata, un novo sentimento vai aparecendo paulatinamente sen decatarnos: a soidade. A vontade de sobrevivir vai perdendo forza e mínase a unidade do grupo. O mellor é prever a súa aparición manteñendo a mente ocupada. Proveerse dun refuxio máis grande e mellor, programar xogos cos que manteñerse en forma sicolóxica e anímicamente son recursos a ter en conta. Ante todo sempre debemos manteñer un pensamento positivo, y manteñernos con vida é a base de toda acción. ¡Sobrevive!. Preparación É certo que ninguén desexa que se produza unha situación límite pero unha preparación básica, é importante: A) Proveerse dun pequeno e sinxelo equipo de supervivencia B) Levar impreso un manual con trucos e técnicas de supervivencia (como podería ser esta microguía). C) Memorizar a maior cantidade de información, sobre supervivencia, que nos sexa posible. O coñecemento das técnicas xenera maior confianza no seu uso. Auga | Lume | Alimento | Orientación | Sinais Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria |
|