Organización |
Via Auria é unha iniciativa ourensana sen ánimo de lucro, que trata de dar a coñecer o inxente e interesante legado cultural e natural de Galicia. Estamos detectando que, ao buscar Via Auria en G o o g l e , aparece unha noticia que pode inducir a erro. Polo tanto: Queremos acrarar , referente a unha entrevista publicada o 5 de abril de 2002 en La Voz de Galicia a un ex membro da A. C. Via Auria, que nos anos 2002 e 2003 (cando naceu), Via Auria ofrecémola a unha institución sanitaria de Ourense como parte das súas actividades coa intención de, de xeito desinteresado, contribuir á dinamización da vida cultural naquel colectivo. Dende aqui queremos agradecer a sensibilidade cultural, o recoñecemento e a axuda que nos prestou a dirección naqueles dous anos ( 2002 e 2003 ) e que consistiu en proporcionarnos mapas do IXN de toda Galicia e dúas cámaras que aínda hoxe estamos utilizando. No ano 2005 Via Auria refúndase e inscríbese no Rexistro de Asociacións, cunha nova xunta rectora que formamos tres persoas (o mínimo esixido para a súa constitución): Ana, Ángel e Elena e totalmente independente. Naturalmente, non está vetada a participación nas nosas actividades a persoas que pertenzan ao colectivo laboral ao que, nun principio ían dirixidas, pero dende o 2005 e xa mentres exista Via Auria, ésta será independente e aberta a todas aquelas persoas (de calquera procedencia laboral, cultural, social, etc) maiores de idade ou menores acompañados dun adulto sempre e cando, se ateña aos nosos obxectivos e ás normas internas da organización que serán aplicables de igual xeito a todos , sin excepción, e que se lle entregarán por escrito, a primeira vez que nos acompañe. Tamén queremos agradecer a importantísima axuda que nos prestan voluntaria e desinteresadamente as persoas que pasan lista nas Paradas de autobús e que cobran as inscricións. E temos tamén que decir que estamos moi satisfeitos e moi contentos pola boa repercusión que tivo a iniciativa de Via Auria, sobre todo, desde que somos independentes e do excelente ambiente que foi medrando no grupo que participa nas nosas actividades. Por iso, grazas a tod@s, por serdes tan respectuosos, tan agradecidos, tan puntuais, tan divertidos... Acrarado queda, pois, que dende o ano 2004 en adiante, isto non é “sendeirismo á carta” senón SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS e que Via Auria é unha Asociación Cultural sen ánimo de lucro TOTALMENTE INDEPENDENTE que trata de dar a coñecer o inxente e interesante legado cultural e natural de Galicia, dende a que, por un prezo simbólico, se ofrece, a quen libremente queira participar:
Ademáis ofrecemos a Web http://www.viaauria.com puntualmente actualizada en Internet con información sobre as rutas e fotografías dos lugares percorridos, cuxas modificacións serán comunicadas por correo electrónico a todos aqueles que nolo faciliten. As normas máis básicas son:
|
![]() |
|
Que podes atopar? |
|
|
|
|
|
Modus operandi e frecuencia das actividades:
INSCRICIÓNS Normalmente, os participantes nun roteiro, ao pararmos para tomar café antes de escomenzar a camiña, ou ao rematar a xornada (segundo se decida) xa pagan o seguinte roteiro por adiantado. Este é o xeito de garantizar ter praza no seguinte e conserva-lo número de praza que se ocupa no autobús, xa que normalmente hai lista de espera. Para inscribirse é preciso chamar primeiro ao teléfono 630 283440, e, se quedan prazas libres, paga-la inscrición que se indique para esa actividade, e facilitándono-lo nome e Parada de Bus elexida, así como un teléfono de contacto e/ou un enderezo electrónico para poder comunicarvos calquera incidencia. Cómpre chamar canto antes porque as prazas son limitadas e, xeralmente, agótanse a pouco de se facer pública a Andaina, aproximadamente, un mes antes da súa realización. Confirmada a existencia de praza libre, terás 48 horas para facer o ingreso, indicando en "Concepto" o teu nome e apelidos na seguinte conta:
LISTA DE RESERVAS Existe unha "lista de reservas" para aquelas persoas que aínda non teñen praza pero poden conquerila pola baixa doutro participante. Neste caso avisamos nós aos interesados por teléfono ou correo electrónico.
HORARIOS Os horarios son, dependendo do lonxe que quede o destiño á hora que se fixe e cada 5 minutos na parada seguinte, empezando polo Posío cara a Ponte. A puntualidade é primordial por respecto aos outros participantes e pola optimización do tempo na actividade. O horario de recollida para voltar a Ourense fíxase entre as 19:00 e 19:30 no punto que indiquemos para cada ocasión, e tendo en conta, que podemos facer outra parada para tomar algo no camiño, se os organizadores así o decidimos, antes de voltar a Ourense. EXTRAVÍOS DALGUNHA COUSA NO AUTOCAR @ interesad@ deberá chamar ao teléfono da empresa que nos leva, sita na Rúa Salvador de Madariaga, nº 1 de Ourense, Telf: 988245556 |
||||
Troquelada por máis de mil ríos dende hai douscentos cincuenta millóns de anos, Galicia navega con señardade esgazando o mar do océano, coa Costa da Morte como mascarón de proa. Ten a pel curtida, e non só polo nordés e a choiva, ó tempo que conserva a tersura dunha moza lanzal e limpa que se perfuma con bálsamo de chorima, de herba fresca e de zugamel.
|
|
Pero esta dama sinte latexar no peito unha crecente anguria: a falla de respecto por unha cultura que se foi conformando dende os primeiros tempos da humanidade cunhas peculiaridades etnográficas, paisaxísticas e sociolóxicas que a distinguen de calquera outra. Unha falla de respecto que non só veu dada dende fóra senón que, inexplicablemente aínda está enquistada nunha boa parte da sociedade galega. |
|
¿Qué pegadas deixaron os poboadores dos castros, os debuxantes dos petroglifos?. ¿Cal é a nosa artesanía?: oleiros de Gundivós e de Buño, cerámica de Niñodaguia amais de cesteiros, palilleiras, orfebres, fiandeiras, alambiqueiros...En suma, ¿cales son os costumes, gastronomía, lendas e devalar histórico que identifican cada comarca da nosa xeografía e modelaron no decorrer dos tempos a idiosincrasia galega?. E.P. |
![]() |
|
|
|
|
Via Auria, asociación cultural sen ánimo de lucro, tenta loitar dende a base, é decir, tratando de dar a coñece-los nosos costumes, gastronomía, lendas e historia, co ánimo de favorece-la formación dunha conciencia para a defensa e mellora do contorno suliñando o firme propósito de coñecer para respectar e, se é posible, recuperar.
Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) |
![]() |