|
|
O pan galego Pan de Cea: Conta coa denominación de Indicación Xeográfica Protexida. Sete horas dura o seu proceso de elaboración nas que se fan tres amasaduras, un forneado en tres etapas, unha cocción mínima de dúas horas e unha hora de maduración. Na actualidade existen 20 fornos de pedra funcionando de forma regular en Cea, que elaboran arredor de un millón de pezas ó ano, entre dous formatos típicos: a bola (entre 1 y 1,3 kg de peso) e o molete (de 500 a 600 gr). O primeiro documento que nomea o "Pan de Cea", segundo Olimpo Liste, correspóndese cun Privilexio do Rei de Castela, Sancho IV no s. XIII, por medio do que lle concede ó Mosteiro de Oseira a celebración dunha feira mensual, facéndose mención expresa á posibilidade de que os monxes poidan dispoñer de pan branco. Pan de Carral: pan de molete feito con trigo do país e cun proceso de fermetación natural. Caracterizase polo emprego de trigo galego e a fermentación natural. É un pan de molete, lixeiro y esponxoso. Mesturase fariña de Castela coa do país, máis húmida e morena, e déixanse cantidades variables de farelo de trigo. A súa venda realizase maioritariamente na Coruña e aguanta perfectamente varios dias Pan de Ousá:tradicional de Ousá-Friol (Lugo) compacto, húmido e escuro elaborado con trigo do país. Pan de Carballo: con festa propia o primeiro domingo de xullo. Pan de millo: típico da provincia de Pontevedra. Elaborase evidentemente con millo (preferiblemente branco) e con centeo, en proporcións variables, é o acompañante ideal das sardiñas asadas ou duns sinxelos ovos fritidos ós que se rompe a xema e se lle bota por enriba o miolo enchoupándoo ben e deixando a codia para apoiar. Ultimamente non é fácil conseguir pan feito con fariña branca xa que é moi escasa e estase reemprazando por outras pero en detrimento da calidade. Vendese por toda Galicia e chamanlle dun xeito ou doutro segundo as zonas. Pan de Neda:véndese sobre todo en Ferrol. Exáltase na festa do primeiro domingo de setembro.
|
|
Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU)© 2005 Vía Auria |
|