| Camiños Reais de Santiago e do Ribeiro |
O 25 de marzo, Via Auria recuperou o Camiño Real de Ourense a Santiago. Con tal motivo fíxose unha excursión na que participaron preto de 200 persoas. Ás 08:30 h partindo das Burgas, amosáronse e explicáronse as pegadas históricas do primitivo núcleo urbano de Ourense, seguindo o percorrido do Camiño Real.Punto de encontro para todos: ás 09:30 h do sábado 25 de marzo xunto á Ponte Vella, na ermida dos Remedios, desde onde seguimos a vella ruta que, dende época medieval utilizaban peregrinos e feirantes cara Compostela e o Ribeiro.
A cara: A Concellaría de Medio Ambiente de Ourense amosa o seu interese en manter aberto o Camiño Real de Ourense por Palmés, en cuxa apertura tamén participou, e proceder á súa sinalización para disfrute de tódolos camiñantes que amen a natureza e valoren o rico patrimonio da comarca.
A cruz:Alertados polos veciños de A Capela e A Conchada, poidemos comprobar que, en menos dunha semana, alguén converteu unha paraxe totalmente virxe nun festival de frechas verdes fosforescentes. O Camiño Real recuperouse para que TODOS disfroitemos del. Non ten perda pero aínda así, e tal como se indica no párrafo anterior, o organismo competente vaino sinalizar dun xeito acorde e respectuoso co entorno.
Unha das normas de Via Auria é deixar todo, polo menos, como o atopamos. Non nos facemos responsables de todos eses graffitis que se fixeron a posteriori en muros de pedra, postes de fincas privadas, árbores, ect con frechiñas de cor rechamante, cada 5 metros. Por favor... que isto é moito máis pequeniño ca o Amazonas...aqui ninguén se perde... |
|
Houbo un xantar tradicional, seguido dunha representación teatral a cargo da compañia Tespis Teatro, basada nunha recreación da vida de varios personaxes que, segundo a tradición oral, existiron en torno a este Camiño. Esta obra foi escrita e dirixida por Via Auria, especialmente para a ocasión e titúlase "A Taberna de Pepa a Loba" |
|
|
Despois fixemos unha rápida visita a varios museos etnográficos, coa única pretensión de que se "saiba da súa existencia" e sexan visitados de xeito máis familiar polos que así o desexen no futuro. |
|
|
Continuamos até o Mosteiro de Santa Comba de Naves e, despois, voltamos a Ourense polo Camiño Real do Ribeiro.
Mosteiro de Santa Comba de Naves
Galería de fotos do 25 de marzo |
|
|
Os camiños galegos teñen, desde época medieval, unha importancia vital para a circulación de bens, peregrinos, ingresos económicos procedentes de portádegos, etc. E sufriron diferente sorte a través dos tempos en canto á preocupación polo seu mantemento, dependendo do uso que se lles fose a dar e en detrimento da “xente de tralla” (capa social máis humilde).
O Camiño Real era o de maior envergadura e permitía a relación de Ourense cos puntos máis lonxanos. Chegaba á nosa provincia dende dúas direccións. Unha por Ponferrada, Valdeorras, Trives, Castro Caldelas e Ceboliño. A outra, por Verín, Xinzo e Allariz entrando en Ourense polo sur e seguindo o curso do Barbaña, cruzaba a Ponte Maior e logo bifurcábase cara a Santiago e Lugo ou cara a costa sur.
Este segundo ramal dirixíase a Santiago polos Chaos de Amoeiro. Seguiría paralelo ó Miño. En Canedo dividíase de novo entre
-
o que ía até Beiro e Amoeiro "o camiño real da Coba da Lebre" que hoxendía está baixo a estrada asfaltada de Torei e a Cabeanca, como se daba un considerable rodeo, o arcevispo Malvar e Pinto mandóu construir a célebre Costa de Canedo no século XVIII que, con fortes muros de contención, sube aínda hoxe (agora asfaltada) case 3 km en liña recta. A pendente resultou tan dura que se tivo que abandoar, aínda que hoxendía se usa como tramo da Vía da Prata para os peregrinos que nos visitan.
-
e o que ía por Maside ó porto da Cusanca e Lalín. Saía cruzando a Ponte Paiota e pasaba por A Conchada, A Burata, cruzaba o río Formigueiro pola Ponte dos Frades, inmediata ó Castelo de Formigueiro e ambos de propiedade do Mosteiro de Oseira, seguía por Povoanza e Portocelos, cruzaba o Barbantiño por Ponte San Fiz e continuaba por Maside, Dacón e Fonteboa. Este tramo é o que VIA AURIA está tentando recuperar mediante o seu desbrozado e presentación a unha chea de camiñantes que o 25 de marzo recorrerán un espazo completamente descoñecido e que discurre por unha paisaxe lanzal de bosque autóctono, rebosante de historia e interesante etnografía a carón da cidade de Ourense.
Desexamos, agardamos e propoñemos que se difunda entre a poboación como ruta de sendeirismo e alternativa a pé do inferno da Costa de Canedo. |
Un manuscrito de finais do século XVIII, da conta da situación da rede viaria naquel momento:
18 de setembro de 1799. O conde de Guzmán, do consello da S.M. Carlos IV, no de Facenda en Castela, intendente do exército, inspector xeral de Camiños e Canais de Navegación, acompañado polo seu segredario, un axuda de cámara e o facultativo Vicente de Ponte emprenden unha viaxe a Galicia para “inspeccionar la carretera que solicitan las tres provincias de Santiago, Orense y Tuy”.
Vicente de Ponte, que vai a cabalo, escribe un diario coas impresións tanto técnicas -antigos trazados para o seu aproveitamento, pontes e empedrados- coma sociais e xeográficas que van observando no percorrido.
O resto das persoas viaxan nunha “silla de postas” con dúas mulas. Probablemente o seu paso por Ourense que non coñecería a roda de radios até o 1860, cando se inaugura a estrada de Villacastín a Vigo, deixou abraiados ós nosos antergos pola velocidade que acadaba .
¿Qué impresión lles produce Ourense a estes forasteiros?:
“ faldeando un cerro sobre un montecillo elevado a la margen del Miño”.(Vicente de Ponte)
[...] 700 veciños con Correxidor e Concello, reximento de Milicias. Rúas mal empedradas, porcas, esporentes e estreitas con casas de apariencia muy fea, incómodas y la mayor parte amenazando ruína o desmoronamiento”.
“ Ourense debeu ser millor n'outro tempo; proba os monumentos. O chán produce de toda caste de froitos especialmente moitas e boas viñas”
(os veciños) están desalentados en una especie de inacción o adormecimiento, sin apetencia alguna del afán, aseo y buena disposición de las casas”.
Engade, ademáis, que a poboación labrega ourensana é a máis pobre do Reino e a capital pobre e despoboada. Que os comerciantes se laian da dificultade de cobrar os seus xéneros. Tecidos, pelamios , unha fábrica de sombreiros e unha cerralleiría son as únicas mostras da industria local.
Moitos dos autores da época limítanse a copiar uns dos outros e, polo tanto, esta sona de Galicia e, máis en concreto de Ourense, repítese constantemente con maior ou menor fundamento.
Pero o valor intrínseco deste diario radica nos datos que aporta, en xeral, sobre a configuración xeográfica, viaria e social do momento.
O camiño da vella Palla Aurea (Ourense) a Santiago parece ser o de máis tráfico de mercadorías de Galicia: Viño do Ribeiro que vai cara Santiago –principal centro distribuidor- e peixe salgado e seco que se dirixe, tanto ós mosteiros da zona, coma cara Castela.
Na clasificación xerárquica que se fai dentro da rede viaria, o Camiño Real non aparece na nomenclatura até o século XV e relaciónase coas grandes rutas de pelerinaxe e de mercadorías.
Bós lameiros nos arredores pero con pouca leña; oliveiras nos arrabaldos e, no Miño, salmóns, sábalos, lampreas e troitas.
O 21 de outubro partirá de Ourense a Carballiño:
"por mandado do Concello máis de 400 homes se destiñaron a compoñer a Costa de Cudeiro. O Xefe [Conde de Guzmán] seguíu pola esquerda do Miño pasando a Barca de Barbantes e a Ribadavia para estudar as direccións e correntes do Miño e do Avia, quedando ademirado da fermosura da terra que non tiña comparanza co visto. Os outros comisionados consideran que fai falla unha praza á saída da Ponte pola parte de Canedo. Logo camiño esporente con anacos de calzada por Cudeiro e até S. Bieito Dastrés"
¿Como se sorteaban as augas do Miño? : Navegando ou a través da Ponte Vella.
Coñécense dous tipos de embarcacións: a barca de remos e o barco de dúas dornas. Ambos perviviron desde a Idade Media até os nosos días.
O barco estaba formado dunha plataforma montada sobre dous pontóns balerios a modo de piraguas que se impulsaba por unhas pértigas que se apoiaban no fondo do río. Na cuberta cabían "vinte rocíis carregados con seus moços" e sobresaía por proa e por popa para facilitar o acceso desde terra. O mecanismo de navegación era bastante rudimentario e entrañaba bastantes riscos ó teren que pelexar coas correntes.
 |
 |
| Fonte: "As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime". Olga Gallego Domínguez |
Fonte: culturagalega.org |
A Ponte Vella, coñecida como Ponte Romana aludindo as súas orixes, probablemente de tempo de Traxano que aínda amosa exemplares de almofadillado nos sillares das basas, pero que se reconstruiu en 1228 polo bispo Don Lourenzo para o paso dos peregrinos a Compostela, e reparado posteriormente en numerosas ocasións, tamén é obxecto de estudo polo técnico de Carlos IV do que falababamos anteriormente:
"1224 pés de lonxitude, gardalodos, un pé e medio, alto deles catro pés e medio. Sete arcos maores na direución do río, góticos, o central 138 pés por 18 de saxita sobre a outura media das augas, modificada a forma gótica pola reforma de 1408. "
Traducido a medidas actuais: 370 m de longo, 5 de ancho cuxo arco central de, actualmente, 37 metros de alto foi o maior luz de todo o imperio romano. Tivo castelo, cadeas, rampas e curvas de acceso. A torre, que aparece no escudo da ciudade, derrubouse no século XIX.
A seguridade dos Camiños.
Tamén resultaba de gran importancia a seguridade que os monarcas pretenderon reforzar cos cabaleiros e concellos das vilas para que cooperasen na persecución dos maleantes, aínda que esta medida só conseguiu debilitar o poder de control limitándose só ós arredores das vilas e deixando vía libre a bandoleiros “profesionais” que campaban ás súas anchas polos camiños.
Ó pé do Camiño Real, no núcleo de A Conchada, o topónimo A Taberna que podemos ver sinalando unha leira, pon en boca da tradición oral a existencia dun establecimento de antigüidade indetermiñada e que puido adicarse a cantina, pousada e venda de “ultramarinos”, e cuxa propiedade se atribúe á mítica Pepa a Loba (personaxe non se sabe se real ou imaxinario de bandoleira sanguiñaria, nobre, loitadora e cumpridora da sua particular ética como socorredora de pobres que dín que vivíu no s. XIX e que protagonizóu numerosos asaltos en pontes e camiños do sul galaico).
A CONCHADA | Santa Comba de Naves | Galería de fotos da Andaina
|
| Para saber máis: |
“Un intesante itinerario d'un viaxe a través de Galicia no século XVIII” de Ramón Otero Pedraio publicado na Revista “Nós” en decembro de 1927. Seminario de Estudos Galegos
“Los caminos medievales de Galicia”. Elisa Ferreira Priegue
"Ourense no século XV". Anselmo López Carreira
“Viaxe a Galicia”. Fr. Martín Sarmiento
"As barcas e os barcos de pasaxe da provincia de Ourense no antigo réxime". Olga Gallego Domínguez
"Vellas artes de pesca no río Miño". Revista de Etnografía. Vol. III. Tomo 2. nº 14. Outrubro de 1966. Museu de Etnografía e Historia. Porto.
Boletín Auriense. Tomo VIII, 1978.
Boletín Aurinese. Anexo nº 24.
Ligazón: A barca de Barbantes .
"Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova". Benito de la Cueva.
|
COMO NOS VIRON NA PRENSA |
Un encuentro con la historia de Ourense
26/03/2006 |
Cultura | Recuperación del Camiño Real a Santiago por la parroquia de Palmés
Cerca de doscientas personas participaron en una ruta de senderismo organizada por la asociación Via Auria para promocionar el patrimonio y la riqueza natural
Marta Carballo | ourense
Comenzaron en el 2000 como un grupo de amigos con inquietudes. Empezaron a reunirse para hacer rutas de senderismo que permitieron, además de disfrutar de un buen día, conocer un poco más todos aquellos referentes culturales y patrimoniales que muchas veces pasan desapercibidos. Ahora, seis años después, la asociación cultural Vía Auria reúne a cerca de 200 personas.
Cada mes realizan una salida a lugares que tengan una especial significación. Ayer el turno fue para una de esas rutas históricas, aunque no siempre lo suficientemente conocidas, que se encuentran en el municipio de Ourense: el Camiño Real que unía la capital con Santiago a través de la parroquia de Palmés, es decir, evitando la tradicional Costiña de Canedo.
Ayer salieron a recorrer una ruta que los integrantes de la propia asociación habían recuperado. La documentación y los recuerdos de los ancianos, les pusieron en la pista. A partir de ahí trabajaron para liberar de piedras y matorrales un camino que ayer les recibió con el olor de las mimosas.
El recorrido
Calzado cómodo, camisetas, gorras y botellas de agua formaban parte de la indumentaria de las cerca de 200 personas -la mayor parte de Ourense- que se adentraron en una ruta histórica. De todas las edades, desde niños a mayores, salieron de As Burgas para recorrer primero el casco histórico de la capital, atravesar el puente romano y adentrarse en las orillas del río.
Convirtieron la denominada ruta del colesterol en una lección amena de arte y tradiciones. Siempre guiados por Ángel, descubrieron antiguas termas o el aprovechamiento que se hacía de la fuerza del Miño, ayer rebosante de caudal, para moler. De hecho, una de las paradas fue el antiguo molino que se encuentra antes de llegar a Outariz.
Y así, caminando entre piedras que guardan recuerdos históricos recorrieron siete kilómetros conociendo dónde se ubicaban los castillos que custodiaban la ciudad, dónde se encontraban los imponentes monasterios, los castros, los balnearios...
Caminaron por rutas medievales e imaginaron las viejas embarcaciones que servían de sistema de comunicación por el Miño. Se pararon en A Conchada, cruzaron puentes y disfrutaron de cantareiras , teatro y una comida para reponer fuerzas en el local de la asociación de vecinos de Palmés.
Todo esto con el más absoluto respeto al medio ambiente. |
Fonte: La Voz de Galicia.
Via Auria organiza una visita cultural por el Camiño Real que ha recuperado a su paso por Palmés 22/03/2006 | Ourense | la voz | ourense
La asociación cultural Via Auria ha recuperado el Camiño Real de Ourense a Santiago a su paso por la parroquia de Palmés. Con este motivo, el sábado que viene van a realizar la ruta por ese vial partiendo de Ourense. Lo que primero hicieron fue eliminar silvas y vegetación, luego una paleadora removió piedras que taponaban el camino y esta semana la dedican a darle los últimos retoques. Hay 181 inscripciones, cada participante pagará su almuerzo. La ruta serán 7 kilómetros hasta la hora de comer. La salida está fijada a las 08.30 horas en As Burgas para comenzar recorriendo el casco histórico de Ourense. Una hora después quienes deseen incorporarse estarán ante la capilla de Os Remedios para partir hacia Palmés.
Habrá explicación de curiosos detalles del puente medieval de origen romano, luego seguirán por la margen derecha del Miño para ver dónde se ubicaban los castillos, los monasterios, los castros, puertos y las aguas termales.
Las inscripciones se harán a través del teléfono 630 283 440. Al inicio del recorrido se paga la cuota. Via Auria recuerda que no tiene apoyos económicos de nadie, por eso cobra. Esta asociación sin ánimo de lucro organiza a lo largo del año otras rutas de senderismo bien documentadas culturalmente y gestiona el transporte en autocar según las salidas necesarias. A los que quienes quieren sumarse a sus actividades se les pide puntualidad en las horas para subir a los autocares cuando son necesario su uso, no adelantar al guía que va en cabeza, respeto absoluto al medio ambiente y no gritar durante las rutas para no molestar a la fauna. |
Fonte: La Voz de Galicia
La asociación cultural «Via Auria» pide premura a la Administración
25/03/2006 | Ourense
La noticia ha causado preocupación entre los responsables de la asociación cultural Via Auria, porque ha mejorado el Camiño Real a su paso por Quintela y precisamente en la mañana de hoy celebrará una ruta de senderismo por esa zona con explicaciones de la historia y cultura que jalonan la ruta.
La directiva se pronuncia a favor del progreso que representa la futura llegada, en este caso, del AVE, «pero non de vendelo a prezo de saldo, é decir, a costa da perda da nosa identidade cultural», manifiesta Via Auria en su comunicado.
Este colectivo dedicado a hacer disfrutar a la gente con sus rutas culturales por la provincia considera que el tren de alta velocidad «terá a súa importancia como vía de comunicación pero debería terse en conta que, sobre todo en Ourense, que é a segunda provincia de España en patrimonio cultural catalogado, o pasado é o futuro, falando xa en termos de beneficio económico xerado polo turismo», añade este colectivo cultural.
Desde Via Auria se pide reflexión a quienes tienen responsabilidad sobre las obras, «desde o corazón e tamén desde a cabeza e queremos confiar en que as autoridades competentes actúen en consecuencia e coa premura necesaria». |
Fonte: La Región
Viejos castillos que custodiaban la ciudad, antiguas termas, monasterios y castros, así como decenas de curiosidades que pasan inadvertidas a los ojos del turista. Esa es la oferta de la ruta por el Camiño Real de Ourense a Santiago a través de Palmés y que 200 senderistas, convocados por Via Auria, pudieron redescubrir ayer, en un paseo de unos 10 kilómetros de longitud.
Alrededor de 200 personas participaron ayer en una jornada de senderismo un tanto especial. Además de caminata, los kilómetros de ruta (unos 10) se convirtieron en todo un reclamo patrimonial. Organizada por la asociación Vía Auria, los senderistas se convirtieron en los protagonistas de la recuperación del Camiño Real de Ourense a Santiago por la parroquia de Palmés.
Perfectamente preparados para la ocasión, con ropa deportiva de abrigo, botas para largas caminatas y chuvasquero, por si acaso, los más madrugadores iniciaron ya el camino a las ocho y media de la mañana en As Burgas, lo que les permitió recorrer el Ourense antiguo hasta llegar al Puente Romano. En la capilla de Os Remedios se les juntó el resto de participantes. Y de ahí comenzó la subida a Palmés, donde pararon para comer en un espectacular descanso del camino y allí, el grupo Tespis Teatro les ofreció una recreación dramatizada de la vida en el Camiño Real.
Con la mirada puesta en curiosidades que escapan a los ojos de cualquier turista (como una flecha en el Puente Romano que refleja el límite máximo que llegaron a alcanzar las aguas del Miño) recorrieron Vilar de Astrés, San Miguel de Canedo, Santa Ouxea, Coto Louredo, Conchada y el monasterio de Santa Comba de Naves. Bajaron por el Camiño Real do Ribeiro y volvieron a Ourense. |
Fonte: A Nosa Terra
A asociación cultural Via Auria recupera, cunha ruta de sendeirismo, o Camiño Real de Ourense a Compostela pola parroquia de Palmés. O sábado 25 de marzo realiza unha excursión por este trazado. A asociación cultural ourensá Vía Aurea vén de recuperar unha parte do Camiño Real de Ourense a Santiago, a que transcorre dende a Ponte Maior da cidade até Fonteboa. Despois de pescudar en fontes documentais e na tradición oral sobre o trazado orixinal e tras os labores de acondicionamento do camiño, a asociación presenta este sábado unha ruta de sendeirismo alternativo que percorre todos os lugares polos que se desenvolvía este tramo do Camiño Real. Para
dala a coñecer ao público farase a excursión a pé con todos os inscritos, destacando a situación dos antigos castelos da cidade, a localización de mosteiros, dos castros de Coto Louredo e Vilar das Tres e visitando unhas
termas que antano fornecían ao balneario de Pino.
Como se explica dende a asociación, o obxectivo é “recuperar unha vía de comunicación esquecida e abandonada dende hai un cento de anos e que tivo unha importancia crucial tanto para o comercio como para o uso de peregrinos da Vía da Prata e de labregos”. Desa importancia que o camiño tivo en tempos dan conta os lugares que unía, como a Ponte Maior de Ourense, os castelos de Tarascón, Alba e Formigueiro.
Durante o percorrido, o grupo de teatro afeccionado da asociación Tespis Teatro fará unha recreación dramatizada da vida no camiño, das diferentes personaxes que, baseándose na tradición oral, fixeron deste Camiño Real un xeito de vida, dende as andanzas de Pepa a Loba e a súa cuadrilla, aos peregrinos, dende os arrieiros que levaban o viño do Ribeiro até os labregos. O grupo tamén representará despois da comida a parodia A taberna de Pepa a Loba, escrita e dirixida por Vía Aurea.
O roteiro contempla tamén a visita á Conchada, que conta con varios museos etnográficos, onde ademais Pilar Novoa interpretará unha serie de cantigas sobre o lugar.
A calzada medieval que vai até o Mosteiro de Santa Comba de Naves, cunha orixe que se remonta ao século IX, e o percorrido polo Camiño Real do Ribeiro até Ponte Paiota conforman o ultimo tramo da excursión, que ten como punto final Ourense.
|
|
|