| O territorio dos bibali |
Os bibali habitaban nas cercanías do río Búbal (ao oeste de Verín). Semella que debería ser un poboamento numeroso xa que se atoparon restos de ata 53 castros nos arredores.
Diversos autores como Cuevillas ou Taboada Chivite ubican este pobo prerromano nas estribacións orientais da Serra de Larouco e da conca do río Búbal.
|

|
|
|
O MUNDO DOS BIBALOS
Para defender esta ubicación argumentan, ademais da toponimia do lugar (Buble, Bibalo, Búbal) a proximidade da columna romana da ponte de Chaves, coñecida como o Padrao dos Povos (Portugal), na que podemos observar o termo "Bibali" (na foto da dereita).
Amosa o agradecemento de dez civitates do conventus bracarensis (bibali, querquerni, coelerni, interamimici, aubriguens, aeqvaesi, aebisoci, limici, tamagani, aguaefaviensis) ao emperador Vespasiano, ao legado propretor Caio Capetano Rancio Quirinal e á Legio VII Gemina por algún privilexio descoñecido ou pola construción da ponte por estas cidades co subsidio económico da administración imperial e a dirección técnica da Legio VII Gemina.
|
|
CASTRO DE AS CHÁS
No espazo que percorremos aqui, nas proximidades de As Chás, pódese ver unha plataforma duns tres quilómetros de lonxitude á que rodean os ríos Azureira e Búbal, cunhas condicións defensivas privilexiadas, ao atoparse entre foxos naturais escavados polos ríos e que presenta restos dunha fortaleza castrexa de dobre recinto con murallas que circundan un área de máis de 2.500 metros cadrados de superficie.
Xa a epigrafía daba conta deste pobo: Ptolomeo, II, 6, 42 e a Naturalis Historia de Plinio, III, 28.
|
 |
BALNEARIO DE REQUEIXO
Tivo planta de envasado. As súas augas son bicarbonatadas sódicas e a súa temperatura de 20,5º C.
Non funciona desde 1961. Abandoado e pasto das lapas recentemente, ofrece un aspecto lamentable na actualidade pero aínda conserva un abondoso manancial de saborosas augas mediciñais que vos recomendamos probar.
|
|
VILAZA
Igrexa de San Sanvador de Vilaza: presenta torre cuadrangular que a tradición atribúe aos Templarios e é independente do edificio barroco da ingrexa propiamente dita que, á súa vez, presenta elementos do románico.
Varios blasóns testemuñan a importancia fidalga de Vilaza, representada en edificios como os pazos dos Limia, dos Espada, dos Blanco-Raxoi, éste último é un gran edificio situado á beira do regato de Vilaza, de planta de escuadra. Presenta na fachada un escudo entre dúas fiestras e dous balcóns. Ábrese á dereita con galerías. A entrada á finca e á casa realízase por un portalón que tén un amplo plinto triangular con escudo e rematado en pináculos.
Un interesante patrimonio artístico ao que se suman, reloxos de sol, petos de ánimas e un cruceiro. |
|
|
No Restaurante El Camionero, de San Cristovo (O Riós)
Menú a escoller opción:
| 1º |
Callos caseiros |
ou |
Caldo galego |
| 2º |
Cordeiro leital de gandeiría ecolóxica dos montes do Riós, asado en forno de leña. |
ou |
Linguado |
| Postre |
Flan caseiro |
ou |
Tarta xeada |
| Bebidas |
Viño de Monterrei, auga de Cabreiroá, café. |
Lugar moi recomendable pola excelente calidade dos produtos, esmerada preparación e trato amable, todo a prezo razonable.
|
|
 |
|
| |
|