SENDEIRISMO COS CINCO SENTIDOS

MENÚ PRINCIPAL | ROTEIROS FEITOS | GALERÍA | LIGAZÓNS | GALICIAS | CONDICIÓNS XERAIS | O TEMPO | Favoritos
Rota polo Barbantiño
Pontes medievais e calzadas reais que agochan soños de muiñada

“O muíño non é muíño

que é capela dos solteiros;

se atopades a casados,

botádeos polos regueiros.”

Poesía popular

 

 

 

Comarca de O Carballiño | Contorna da Martiñá | Consello Regulador Pan de Cea | Mosteiro de Oseira | Moldes | Terras de Oseira: o Pan de Cea

 

Augas cristaíñas que bañan unha historia escrita en xacementos castrexos e romanos e que conducen ó camiñante por calzadas reais que combinan a elegancia de interesantes pontes medievais cunha peculiar etnografía de arrecendo a muiñada.

PROVINCIA : Ourense

SITUACIÓN : Riveira do Barbantiño.

REMONTÁNDONOS ÁS ORIXES...

Apareceron numerosos vestixios de época castrexa: asentamentos de Santa Mariña, en Listanco, castro de Amarante, en Dacón; castro de Piñeiro e a Circa, en Piñeiro, e o monte do castro en Maside.

 

Amosando cerámica castrexa no camiño de Santa Mariña

 

Documentalmente, a primeira mención histórica sobre Maside, data do século XIII, concretamente do ano 1216.

O posterior desenvolvemento de Maside foi debido á súa privilexiada situación nun cruce de camiños.

Por aquí pasaba o camiño real que, dende Ourense, por terras de Amoeiro, conducía a Pontevedra. Iniciouse no século XIII e seguiu perfeccionándose en sucesivas centurias.

SAN TOMÉ VELLO DE MASIDE

Canzorros ben modelados, arcos de medio punto e capiteis historiados dan unha boa visión da arte do medievo nesta fermosa mostra do románico.

 

 

AS PONTES DE POLDRAS

As poldras son pedras colocadas no río de xeito que permiten pasa-lo río a pé enxoito. Se o río non vai moi cheo, pode pasar unha persoa, saltando de pedra en pedra. Están situadas nos vaos, é decir, naqueles lugares dos ríos onde hai moi pouca profundidade, 20 a 30 cms.

AS PONTES

Ponte de San Fiz (Armeses): Ponte dos séculos XIII-XIV con dous arcos apuntados e, que no lado de Maside, presenta un tramo de 300 metros da calzada de pedra orixinal.

Ponte Sobreira : ponte medieval pertencente ó camiño xacobeo da Ruta da Prata. Emplazado nas inmediacións dun núcleo rural abandoado.

Ponte Mandrás : con arco de medio punto e calzada enlousada, data do século XVIII e da paso tamén á ruta xacobea.

OS MUÍÑOS

O muíño do que aquí atopamos unha ampla e variada mostra é unha maquina que utiliza a forza da auga do río para moer o grau, para elo move dúas grandes pedras entre as que se bota o gran. Estas pedras son capaces de convertir o gran en fariña  ( sexa de centeo, trigo ou millo).

Lugares de traballo comunal que estaban en funcionamento día e noite e que, na cultura popular, deixaron abondosas mostras de cancioneiros.

Unha muiñada era unha antigua xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños, mentras se esperaba pola vez para moer, e que resultaba propicio para as alusións eróticas xa na lírica medieval galegoportuguesa:

Esta noite hei de ir ó muíño/cun fato de nenas novas/elas todas en camisa/eu no medio en cirolas.

E tamén deu pé a toda unha simboloxía e picaresca anticlerical...

O cura vai cara ó muíño/leva a chocolateira/para face-lo chocolate/a probe muiñeira.

FUNCIONAMENTO

A forza da auga que entra polo rego ( tamén chamado rairo ) move o

rodicio , ó chocar coas penlas , que son as que reciben o impulso da auga, que roza co penedo e a pedra. Como o gran de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega remata triturado entre as pedras.

A zona do muiño onde vai o rodicio chámase inferno . Realmente é por onde sale a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa , que realmente é a que tritura. 

Os muíños teñen mecanismos para detectar cando se termina o grao, mesmo tamén para levantar a pedra para arranxala, cando se pon lisa.

Para que a auga do río entre polo rego (ou rairo) hai que desviala do río . Esto consíguese cunha presa, logo faise un rego ou conducto da auga ata o muiño. Este rego leva un quebradoiro que devolve a auga o río, sempre cun desnivel, para que a auga colla forza para entrar no rego do muiño e move-lo rodicio e todo o sistema.

Afortunadamente, o Barbantiño é un exemplo a seguir tanto no tocante a limpeza como ós arranxos que permiten recorrelo en case a súa totalidade.

Pero bótase en falla a conservación dunha interesante etnografía representada por abondosas mostras de muíños abandoados e pontes de poldras que se esborrallan río abaixo.

 

Atención telefónica de 17:00 a 20:30 horas | Asoc. Cult. Via Auria, sen ánimo de lucro. 2005/008617-1 (OU) 2005 | Conta: CaixaGalicia 2091-0471-35-3040002209