| P.N. Gêres-Xurés |
O PARQUE NATURAL BAIXALIMIA-XURÉS
SITUACIÓN : Sul da provincia de Ourense, exténdese ás montañas do concello de Entrimo, Lobios e Muiños. Abarca unha superficie de 20.920 ha .
CLIMA:Clima Mediterraneo subhúmedo centroeuropeo con certa tendencia atlántica en zonas baixas. Escasas xeadas. A pluviometría oscila entre los 1.000 e los 2.000 mm . anuais, con escasas precipitacións de neve. A temperatura media anual está entorno ós 9º C. con mínimas de - 3º C.
HIDROGRAFÍA : A rede fluvial organízase en torno ó río Limia, principal arteria, escavado na fractura da Serra de Sta. Eufemia e a Serra do Quinxo. a que verten os ríos Caldo, Lobios, Salas e onde se localizan os encoros de As Conchas e Lindoso.
XEOMORFOLOXÍA : Os cumes da Serra do Xurés foron cubertas polos xeos cuaternarios que orixinaron varios glaciares dos que se ve o seu selo no relevo actual. |

|
|
"A Geira além da Portella endireita a NW., prestes volve porém a ENE., e corta a fralda d'uma projecçao lateral do Gerez, a Serra de Negrellos. Depois para suavisar a rampa, dobra sobre si descrevendo longo zigue-zague, e desliza pelo valle abaixo a par do arroio (...). No tôpo do pequeno valle de facil acceso está a Portella do Homen, na fronteira. Assim mesmo lançaram a vía en alguns flexos ou lacetes, abandonados do trilho hoje (...) e talharam a lomba con trincheira duns seis ou oito metros de profundidade. Na encosta gallega é mais visivel ainda e muito mais desenvolvida a linha de curvas, por motivo de maior inclinaçao do terreno ". P. Martins Capella (1883) |
| LUGARES DE INTERESE : A vía romana XVIII do Itinerario de Antonino cruzaba as terras de Lobios, nas que penetraba por Portela d'Home, procedente de Braga (Portugal). |
 |
Vila rural romana de Riocaldo: onde observamos un primitivo sistema de calefacción.
Baños de Riocaldo ( Aquis Originis ): Augas moi apreciadas polos romanos con 74ºC e PH dun 8,58 fíltranse cara ó fondo da falla que atravesa este lugar (Caldas de Gêres, Portoquintela, As Burgas) e de onde obtén a mineralización que caracteriza a este balneario. |
 |
O PARQUE NACIONAL PENEDA-GÊRES
SITUACIÓN : Vai dende Castro Laboreiro ó da Mourela, englobando parte das serras da Peneda, Soajo, Amarela e do Gerês.
CLIMA :Suxeito ás influencias climáticas atlántica, mediterránea e continental, que, xunto coa variada orientación do terreo, favorecen a existencia de varios microclimas.
XEOMORFOLOXÍA : De naturaleza granítica e beneficiado por un clima temperado atlántico que chega ós 3000 mm de precipitación anual (o máximo rexistrado en Portugal), a serra forma xigantescos anfiteatros coas cumes debulladas.
FAUNA : cabra salvaxe (extinta), xavarín, lobos, veados, teixugos, lontras, martas, aguia real, perdiz cincenta, víbora negra. |
 |
Unha das especies mais características desta zona é o garrano , équido que, a pesar dos sucesivos cruzamentos que soportou ó longo dos séculos, é, probablemente, un representante da fauna glacial do fin do paleolítico.
Tamén son propios da zona, a vaca cachena e o boi barrosao. |
FLORA :
Porriba dos 1400 m de altitude apenas subsiste o zimbro.
Entre 1400 e 1200m, o texo, o vidueiro e o piñeiro que pode chegar ós 15 e 20 m de altura
Ata os 1200 m hai unha densa arborización presentando exemplares de gran porte, especies como o carballo, madroño.
Hypericum androsaemum, de flor amarela, constitúe o Hiperico do Gerés, usado con fins medicinais (fígado, vesícula, intestinos, estómago, nervos, dores de cabeza).
Tamén é moi abondosa unha especie endémica do Gêres (na foto) Lirio do Gêres. |
 |
ARQUITECTURA ROMANA.Ponte de San Miguel: destruido na guerra con castela en 1642, servíu para cruzá-la Vía XVIII polo río Homem e conserva unha longa aleta de sillería almohadillada, característica da arquitectura romana. |
 |
ENXEÑERÍA ROMANA: Vía Nova-A Geira (portugués)
Incluida no Itinerarium Antonini é coñecida polo número 18. É a mais curta das catro que coexistiron en época romana e a mais “moderna”, de ahí a denominación de Vía Nova.
Foi construida, no mandato de Domiciano (69-79 d.C.) cun ancho suficiente para cruzarse dous carros, xa que presenta en xeral, unha plataforma de 6 a 7 metros . Trazouse por motivos netamente comerciais e administrativos.
Neste percorrido teremo-la oportunidade de facer un tramo da Geira portuguesa para adentrarnos despois na zona española e seguir pola Via Nova (hoxendía restaurada) ata Baños de Riocaldo. |
 |
|
|
|