PARA PERDERSE
UN AGASALLO PARA OS SENTIDOS
ESPECTÁCULO CROMÁTICO E CURA DE BENESTAR O Decreto 201/1997, do 3 de xullo, declara ben de interese cultural con categoría de lugar de interese etnográfico, a aldea de Seceda, no concello de Folgoso de Courel
A intervención de Manuel Mª Chaín Pérez e Xan Manuel Doce Porto para a posta en valor desta aldea constitúe un encomiable exercicio de rehabilitación de arquitectura civil en Galicia en consonancia coa nosa historia, etnografía e paisaxe.
Con fondos europeos –máis de 500 mil euros- reparáronse 42 casas das case 70 que tén Seceda. Teitos, fachadas e carpintería exterior con materiais autóctonos como a madeira de castiñeiro ou a lousa de pizarra está sendo o resultado da inversión.
|

|
|
RUTAS:
Destacamos as albarizas (construcción típicamente galega cun muro de forma circular e sin teito ) que servía para protexe-las colmeas dose Nas inmediacións do pobo podemos ir contemplando as albarizas que protexían o mel dos animais salvaxes.
Ruta de Seceda-Lousadela-Cortes
Uns 5 km de recorrido. A estrada vai paralela ó río Seceda, a través dun profundo val labrado polo río. Ós 3 Kms, un desvío á esquerda, por unha pista de terra, lévanos á aldea de Lousadela, asentada nun hermoso val, regado polo río Lóuzara, que cruzamos por unha ponte medieval. Unha única vivenda e os restos dunha antiga ferrería é o que queda desta peculiar aldea. A ferrería, que tivo gran demanda no pasado século, transformaba o mineral de ferro procedente do monte Formigueiros. Situándonos de novo na estrada, imos a Cortes, tradicional aldea con construccións típicas da montaña lucense, situada na beira do Lóuzara, nun alto mirador natural de gran beleza entre castiñeiros centenarios.
Ruta de Seceda - Castro da Torre
Desde Seceda tomaremos a estrada que nos levará a Sobredo. Ós poucos metros atopamos un vello muiño atravesado polo regato de Arrieira. Unha pista á esquerda lévanos a Sobredo e ó Castro da Torre, ó que se accede por un carreiro que sube até o castro: pranta cadrada, ovalada e rectangular con foxo e datado en torno ó s. III, cuxa construcción requiriu a factura de bancais.
¿CÓMO CHEGAR?
Dende O Incio pola estrada que conduce a Ferrería do Incio e a A Casela para baixar ó Val do Lóuzara e finalizar en Seceda.
Dende Folgoso pola estrada que comunica con Seoane, no kilómetro 7 temos un indicador á esquerda para Sobredo e Seceda. Ós 10 km cegamos a Seceda.
DATOS PRÁCTICOS:
Aloxamento e Restaurante : Turismo rural na casa de aldea Casa Calellón, Tel. 982 185409 (excelente relación prezo-calidade e trato moi familiar).
Destacamos : a extraordinaria cociña deste establecemento a base de pratos tradicionais moi abundantes, con ingredientes totalmente caseiros a un prezo, para o ano 2005, moi razoable (8 euros), realizada con produtos:
- relacionados cos derivados do porco que eles mesmos crían e matan na casa –fan en torno a 30 matanzas ó ano- como chourizo, lacón, xamón, salchichón.
- saborosas carnes de xato, cordeiro e polo totalmente ecolóxicas.
- verdura da súa horta como grelos e berza cos que elaboran un caldo galego sublime.
- pan do de verdade, con sabor a pan, feito tamén na casa con trigo de colleita.
- postres caseiros como flan de ovo, tarta da casa, queixo con marmelo caseiro, etc.
¡Ollo!: se vos anuncian “entremeses”, como parte do menú, non pensedes que vos van traer choped do súper máis cercano, non. Consisten nunha bandexa de xamón e embutidos caseiros que poñerán en marcha os xugos gástricos, mesmo do máis valente, apenas o vexa diante e sinta o seu arrecendo.
Tamén temos a posibilidade de mercarlles riquísimos chourizos caseiros curados e afumados, pan cocido no seu forno, mel, castañas, etc.
A neve xa nos visitou (12.11.2005)
Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria
|