| A serra do Courel | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
A Serra do Courel cadra no vértice convencional de tres provincias: Lugo, Ourense e León. Seus tesos cumes son Formigueiros, Montouto e Pía Páxaro. Formouse nun plegamento alpino. Unha grande masa de pizarras cunha franxa caliza que vai de noroeste a sureste. A Serra atravésaa o río Lor que nace en Fonlor, Serra do Cebreiro, e recibe como principal afluente ó Lóuzara. A cota máis alta é Formigueiros, con 1639 m baixo o que se sitúa unha das devesas máis fermosas de Galicia. A devesa de Rogueira "garda as galas da antiga edá" Padre Merino, Flora descriptiva e ilustrada de Galicia (ppios. do século XX).
"COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!" (Uxío Novoneyra, Os eidos ) Visita tamén Seceda. Entra >> |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||
Plan de Ruta do 19 de novembro de 2005: Ás 07:30 h comenzamos a entrega-la documentación e pasar lista nas catro Paradas e ás 07:50 saímos de Ourense. En Quiroga paramos a almorzar 30 minutos. Continuamos ata A Seara, onde visitamo-lo pobo e, dividímonos en dous grupos cada un cun guía:
Como se pode apreciar nas fotografías, a sincronización de ámbolos dous grupos é impecable ó chegaren ó Polín. Aqui cómese e, seguidamente baixamos todos ata a Fonte do Cervo para continuar descendendo ata a Aula de Natureza de Moreda. A impresión xeral é de total fascinación cos espazos visitados. Só un pequeno pero, creemos, que importante inciso: ¿por que se está a facer repoboación forestal con pinos perigosamente cerca da Devesa de Rogueira?. ¿Non escarmentamos de tanto incendio?. ¿De verdade amamos Galicia?. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
| A DEVESA DE ROGUEIRA
"Conjunto de maravillas, pequeño estado que las conquistas del cultivo extensivo han dejado todavía libre, rico y exuberante. Recinto casi impenetrable, selva que, contando con siglos de vida, conserva como nuevas las galas de su primera edad". Padre Baltasar Merino, en Flora descriptiva e ilustrada de Galicia (1909). "Panos brancos esfiañados da nebra" (Uxío Novoneyra, Os eidos ) PICA PARA AMPLIAR
Considerado o faial máis occidental de Europa (se exceptuamos un pequeno conxunto de faias no Bosque da Albergaría no Gêres). As devesas son formacións boscosas que medran en áreas montañosas en forma de triángulo invertido con orientación norte e humidade alta. Reciben máis de de 1000 mm de precipitación anual. Actualmente, en Galicia, quedan poucos faiais debido á escaseza de terreo calizo e ó aquecemento do clima. No bosque, desde o seu comenzo, amósanse as aciñeiras (quercus ilex ssp. ballota) e carrascas (quercus coccifera), mentres que ascendendo para mesma atopamos unha masa de rebolo (quercus pyrenaica) e carballo (quercus robur) desaparecendo estes a medida que nos introducimos no faial (fagus sylvática) máis occidental de Europa onde aparece misturado con texos e acivros. A grandeza deste bosque está na grande variedade de especies que atopamos, máis de 800, espalladas nunha pequena extensión de 200 ha. Os principais faiais de Galicia medran nas serras do Cebreiro e O Courel e son: Bosque da Marronda (na cabeceira do Eo), A Pintidoira (Ancares), Bosque de Liñares, Devesa de Zanfoga, Devesa de Fontefermosa, Devesa de Riocereixa e Devesa de Romeor. A VEXETACIÓN A capa vexetal aparece cuberta de ucedos e carballos, e nas zonas altas enciños, agranas e cerelos. Nos vales fondos, souto pecho de castiñeiros, ourelando casas, hortas, prados e agros, logo e franxa do xestedo con matas de carballos novos, denantes do ucedo cimeiro que enseñorea a serra. Rompendo a tónica da serra alta, atopamos algunhas devesas escapadas das queimas seculares dos pastores gracias á súa humidade natrual; entre as que destaca a Devesa da Rogueira, unha reserva botánica das máis belidas e ricas de Galicia.
OS ANIMAIS No conxunto faunístico hai que destacar as aves, máis de 90 especies durante todo o ano, con predominio das de pequeno tamaño. No grupo dos mamíferos destacan os mustélidos, contando entre os seus máximos expoñentes as graduñas, martas e teixugos. Por mor da espesura e ante a falla de depredadores naturais abondan os xabaríns. Non debemos esquecer os reptis e anfibios nos que cabe destacar o cobregón e a cobra riscada, a víbora de Seoane, o lagarto arnal e o das silvas e a rapatilonga. A LAGOA DE LUCENZA Son moi reducidas, aínda que numerosas, as lagoas situadas nas áreas montañosas. A maioría orixinouse en cubetas de orixe glaciar, como é o caso da lagoa de Lucenza ou as numerosas charcas e lagoas de orixe glaciar existentes nos cumes de Trevinca. MUÍÑOS DE ACEITE Na aldea quiroguesa de Bendollo está o único muíño de aceite galego restaurado e aberto ás visitas turísticas. A actividade olivareira dase nesta zona grazas ó microclima existente de confluenza eurosiberiana e mediterránea. FERRERÍAS
Nos municipios de O Courel e Bóveda -en Seoane e Penacova, respectivamente- poden verse dúas das tres ferrerías tradicionais galegas que foron restauradas ata agora; a terceira encóntrase en Bogo, no municipio da Pontenova.
Pero en varios municipios da zona existen restos de moitas outras factorías siderúrxicas, conservados en maior ou menor medida. A máis importante é a de Rodela, no municipio de Quiroga, que conserva a maior parte das súas instalacións hidráulicas. Noutros lugares só quedan restos destas construcións, como os depósitos de auga ou as canalizacións: é o caso das ferrerías de Vilasivil, Ferreirós de Abaixo, Baldomir (O Courel), Soldón, Outeiro e Rugando (Quiroga), Barxa de Lor e Loureiro (A Pobra do Brollón), Santalla de Lóuzara e Lusío (Samos). Estes vestixios están a miúdo ocultos pola maleza e resulta difícil localizalos. FOXO DOS LOBOS En O Incio foi localizado en tempos recentes o foxo de lobos de maior tamaño que se conserva en Galicia. Esta peculiar construcción de orixe medieval, duns douscentos de metros de lonxitude, está ubicada na ladeira dun monte, nas proximidades da aldea de Monteagudo. MINAS ROMANAS Os tres municipios da comarca de Quiroga, caracterízanse por reunir os vestixios máis importantes da minería romana en Galicia: os túneles de Montefurado, Paradaseca e Romeor e as minas de Torubio, Millares, A Toca, A Moá e Covas son as partes máis visibles e espectaculares deste vasto patrimonio. TÁBOA DE HOSPITALIDADE E ÁGUIA DE BRONCE Atopadas na necrópole do Castro do Monte Cido (situado tra-la aldea de Moreda). Este castro tivo importantes defensas: un muro que se extende case un kilómetro, tres foxosx e unha torre que presenta na actualidade 2.9 m de altura. As ruinas do Castelo de O Carbedo (na foto) foron descritas xa polo licenciado Molina no ano 1550 como a Fortaleza de O Courel. Servía como control entre os vales de Romeor e Visuña. A LENDA DO MONTE CIDO. ¿O MONTE MEDULIO?
"Pastoriñas que fiades na roca das esperanzas, entre penedos e uces, sabedes de torres altas...". (María Mariño, Palabra no tempo ) O Monte Medulio, que aínda non está localizado, sitúano os historiadores cerca do río Miño (ou Sil). Posiblemente na primavera do ano 26 a.C. tres columnas atacaron este monte por tres flancos: Furnio polo Sil, viña dende os Peares río arriba; Carisio que viña dende Astorga, polo Bierzo; Paulo Fabio Máximo, saíu de Lugo e atacou pola Serra do Rañadoiro e o Cebreiro. O camiño cara o Monte Medulio foi terrible: graves e duros combates, nun terreo plagado de matogueiras con ferintes espiñas, enormes precipicios, estreitos desfiladeiros de profundidade abismal e abundantes e espesas selvas. BIBLIO.: Antonio Rodríguez Colmenero. Lucus Augusti, Epicentro integrador da Gallaecia do Abrente. Universidade de Santiago de Compostela. 1998. O BARDO DO COUREL. UXÍO NOVONEYRA. «Alto da Lucenza/ Formigueiros Montouto Pía-Páxaro/ tesos cumes do Courel!». «Terras altas e craras da Lucenza/ onde se ollan cerca as serras lonxanas!». «Teso de Pinza/ onde eu iba/ namáis por ir i estar eilí». «Hein d''ir o Pía Páxaro i a Boca do Faro/ deitarme na Campa de Lucenza nun claro». «Augas brancas da Rogueira!/ Bouzas pechas de uces e xestas!!/ Abrairas teixos faias xardois e reboleiras!» «Ildara de Romeor/ fía e canta no Sumedo/ á raia do albor». «Andar e ollar de prea vai Ricardo de Moreda/ monteiro de vella cencia que por esta terra queda». «Vai o José de Parada/ atravesando il solo/ a Devesa do Rebolo». "Cada sitio ten un camiño que non vai máis alá" Outro xeito de nos achegar á Serra do Courel, é seguindo a obra de Uxío Novoneyra onde, coa variedade dialectalóxica desta zona, compón un puzzle de topónimos e xentes desta montaña. Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, na serra do Caurel, onde viviu ata o 1945. A súa obra amosa dúas verquentes. A evocadora, como a dos Eidos e tamén a heróica coma a da Letanía de Galicia. Destacamos Os eidos, 1955 e Elexías do Caurel,1966. O GALEGO DOS COURELAOS O galego que se fala no Courel ten un acento nasal e xordo, moi doce e grave. Velahí van unhas cantas particularidades léxicas:
GASTRONOMÍA A caza, sobre todo do xabarín, as troitas do Lor e o cocido onde a castaña cobra protagonismo frente á pataca, son os máis típicos productos que podemos degustar no Courel. Unha das paisaxes máis típicas do Courel son os soutos. O castiñeiro, con exemplares centenarios espallados por toda a serra vai moi ligado ó xeito de vida dos seus habitantes: utilizan a súa madeira para quentarse e para a arquitectura das casas, o froito para alimentarse, as follas para facer o leito dos animais, a candea para obteñer mel... En novembro celebran a Festa da Castaña cunha degustación gratuíta de productos da terra e queimada. "Eiquí non se varexa a castaña. Déixase cair e recóllese nos sequeiros. É moi doce." (Ánxel Fole, Á lus do candil) Vocabulario da castaña no Courel:
MÁIS INFORMACIÓN: Aula da natureza de Moreda do Courel
Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||