![]() |
LUGO
Pica no mapa, en cada comarca da provincia. Interpretación heráldica: A simboloxía lucense tivo a súa orixe no selo do cabildo catedralicio. A exposición permanente do Santísimo Sacramento como privilexio da catedral inspirou dende un principio os signos de identidade, aínda que Cáliz e Hostia aparecen, en ocasión soas, como na torre maior da catedral ou noutras dependencias da Mesa Capitular. O símbolo -disque no s. XVIII- definiuse con aquelas señas eucarísticas ás que se incorporaron a torre e os leóns. Aínda que non todos dacordo, algúns autores identifican a torre co antigo castelo de Lugo; outros pensan que representa a famosa torre Augusta e, actualmente, considérase a representación heráldica da muralla romana. Pola súa banda e, aínda que tampouco de común acordo, os leóns recoñécense como o símbolo dos habitantes de Lugo nos diferentes asedios que sufriu a cidade.
|
| Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU) © 2005 Vía Auria |
|