Exposición de fotografía - Via Auria

"A cor viaauria", de Juan Rúa.

 

Participia actualmente no certame do "Outono Fotográfico" .

Organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Maceda e dentro do certame de Outono Fotográfico.

No Salón Multiusos de Maceda do 17 ao 30 de novembro en horario de 16:00 h. a 20:00 h. de luns a venres.

 

 

"Hai moitas cores: verde, azul, encarnado... Pero a todas elas temos que engadir agora unha nova: a cor vía auria.

Vía Auria é un grupo de xente que se xunta unha vez ó mes para ir a camiñar, para coñecer a terra galega facendo "sendeirismo cos cinco sentidos".

Pero Vía Auria é moito mais que iso.

Vía Auria é tamén algo así como unha escola filosófica, unha universidade ambulante. A súa filosofía aséntase no amor e o respecto á terra e a todos os seres que viven nela: xa sexan plantas, pedras, homes ou animais. Coñecer os camiños e sendeiros de Galicia, os nomes das plantas e das árbores... Descubrir lugares, pobos, montes, covas, fontes, regatos, muíños... Coñecer e amar a natureza, a arte, e toda a fermosura que garda, amosa ou esconde a nosa terra galega. Aprender camiñando e camiñar aprendendo.

Vía Auria é tamén un grupo de amigos que se xuntan unha vez ó mes para pasar o día xuntos, para gozar da natureza, do aire puro, e tamén da sorriso, da ledicia, e da amizade dos compañeiros.

Esta exposición é unha pequena escolma de miles de fotos feitas nas andainas de Vía Auria. E nelas inténtase amosar algúns dos matices desta nova cor: a cor víaauria". Juan Rúa, 2008.

"Sensacións viaauria", de Luisa Lorenzo.

Actualmente e, dentro do Outono Fotográfico, expón na libraría Eixo de Ourense, "Galicia Máxica".

 

 

 

 

 

 

Asociación Cultural Vía Auria, sen ánimo de lucro e con sede en Ourense. Número de Rexistro 2005/008617-1 (OU)© 2005 Vía Auria