|
CONSELLOS XERAIS Debes de ir preparado para as peores condicións climatolóxicas. É preferible levar cousas de máis e, se unha vez na zona non o vas usar, poderás deixalo no autocar.
IMPRESCINDIBLE
Mochila. Botas de sendeirismo ou calzado robusto que protexa os nocellos e teña piso de goma con debuxo. Non esquezas nunca a capa ou poncho impermeable ou chubasqueiro.
CALOR
Pantalóns lixeiros curtos, longos ou desmontables. Camiseta de algodón, forro polar fino/medio ou suadeira.
Gafas de sol, crema protectora solar e barra protectora labial. Gorra ou pucho.
Auga.
ENTRETEMPO
Realiza unha combinación do aconsellado para calor ou frío segundo as condicións
atmosféricas xerais e da túa sensibilidade respecto a elas.
FRÍO
Pantalóns longos, camiseta térmica, forro polar, chaqueta cortaventos impermeable ou anorak. Braga de colo ou bufanda e luvas.
Procura utilizar prendas sintéticas de fibras térmicas ou equivalentes; son máis lixeiras,
secan antes e conservan mellor o calor.
ACONSELLABLE
Leva calcetíns e camiseta para cambiarte. Se estreas botas, leva outro calzado de reposto máis cómodo. Podes deixar todo na maleta do autocar.
Se a túa mochila non é impermeable, garda nela todo dentro de bolsas de plástico.
Axusta a mochila ben pegada á espalda e sitúa dentro o que máis pese xunto ao corpo e na parte superior, procurando evitar o efecto palanca.
Conta con auga suficiente (1 l en inverno e 1,5 a 2 l no verán).
Procura tomar un almorzo enerxético con alto porcentaxe de hidratos de carbono.
Próximamente informaremos sobre as suxestións para a próxima rota en particular, se fora preciso.
|